Voo 1491 de Aeroflot
Saltar á navegación
Saltar á procura
Voo 1491 de Aeroflot | |
---|---|
Antonov An-10 semellante ao do accidente
| |
Resumo | |
Data | 18 de maio de 1972 |
Causa | fallo estrutural |
Lugar | preto de Khárkiv |
Coordenadas | |
Orixe | Moscova-Vnukovo |
Destino | aeroporto de Khárkiv |
Finados | 122 |
Aeronave | |
Tipo de aeronave | Antonov An-10 |
Operador | Aeroflot |
Rexistro | CCCP-11215 |
Pasaxeiros | 114 |
Tripulación | 8 |
Superviventes | 0 |
O voo 1491 de Aeroflot era un servizo regular doméstico de pasaxeiros entre o aeroporto de Moscova-Vnukovo e o aeroporto de Khárkiv na Unión Soviética. O día 18 de maio de 1972 mentres descendía para aterrar en Khárkiv, o Antonov An-10 que operaba a ruta esnafrouse matando aos 122 pasaxeiros e tripulantes a bordo.
Accidente
[editar | editar a fonte]O voo 1491 engalou do aeroporto de Moscova-Vnukovo ás 10:39 en ruta cara a Khárkiv, na República Socialista Soviética de Ucraína. Mentres descendía dende a súa altitude de cruceiro de 7 200 metros (23 600 pés) a unha altura de 1 500 metros (4 900 pés), o Antonov An-10 sufriu un fallo estrutural que levou á separación das dúas ás. A fuselaxe caeu nunha área boscosa matando aos 114 pasaxeiros e 8 tripulantes a bordo.[1][2]
Notas
[editar | editar a fonte]- ↑ "Катастрофа Ан-10А Украинского УГА в районе Харькова". www.airdisaster.ru. Consultado o 2018-12-23.
- ↑ Ranter, Harro. "ASN Aircraft accident Antonov An-10A CCCP-11215 Kharkov Airport (HRK)". aviation-safety.net. Arquivado dende o orixinal o 04 de novembro de 2012. Consultado o 2018-12-23.