Sergei Agababov
Biografía | |
---|---|
Nacemento | 25 de outubro de 1926 Mahackala, Rusia (pt) |
Morte | 23 de outubro de 1959 (32 anos) Aeroporto de Moscova-Vnukovo, Rusia |
Causa da morte | accidente de aviación |
Grupo étnico | Pobo armenio |
Educación | Conservatório de Moscovo (pt) (–1956) Q4285684 (–1951) |
Actividade | |
Ocupación | compositor |
Período de actividade | 1951 - 1959 |
Xénero artístico | Música clásica |
Descrito pola fonte | Armenian Concise Encyclopedia (en) , (vol:1) Enciclopedia soviética armenia, volume 1, (p.238-239) |
Sergei Artemovich Agababov, nado en Makhachkala o 25 de outubro de 1926 e finado en Moscova o 23 de outubro de 1959, foi un compositor soviético daguestaní.
Traxectoria
[editar | editar a fonte]Estudou teoría musical con Gotfrid Hasanov na escola de música do Daguestán, graduándose en 1951 e compoñendo as súas primeiras cancións. En 1952 entrou no Conservatorio de Moscova, estudando composición con Anatoli Alexandrov, durante eses anos compuxo inspirándose no folclore da súa terra natal o que deu como resultado a suite sinfónica e vocal "Canción do Daguestán" en seis partes así como outras obras orquestrais e para piano. Despois de se graduar compuxo cantatas e cancións baseadas en poemas, e algunhas tornáronse en populares e mais tamén cancións para nenos. En 1958 e 1959 publicou en periódicos da rexión un traballo sobre a música popular daguestaní, que se editou postumamente en libro en 1960 tras a súa morte nun accidente aéreo.