Río Mersey

Na Galipedia, a Wikipedia en galego.
Saltar á navegación Saltar á procura
Modelo:Xeografía físicaRío Mersey
Imaxe
Tiporío principal Editar o valor en Wikidata
Inicio
ContinenteEuropa Editar o valor en Wikidata
División administrativaMerseyside, Reino Unido, Cheshire, Reino Unido e Gran Manchester, Reino Unido Editar o valor en Wikidata
Final
LocalizaciónMar de Irlanda Editar o valor en Wikidata
lang=gl Editar o valor en Wikidata Mapa
 53°24′52″N 2°09′24″O / 53.41431, -2.15667
53°27′08″N 3°02′23″O / 53.4522, -3.0397
Afluentes
Características
Dimensións112 (lonxitude) km
Superficie da cunca hidrográfica4.680 km² Editar o valor en Wikidata
Pontes de Runcorn sobre o Mersey.

O río Mersey é un curto río costeiro do Reino Unido na vertente do mar de Irlanda que transcorre polo noroeste de Inglaterra e ten unha lonxitude de 112 km.

O seu nome procede da palabra anglosaxoa Mǽres-ēa que significa "río da fronteira", xa que durante séculos formou a fronteira entre os condados de Lancashire e Cheshire, e é probábel que tamén o fose entre os reinos anglosaxóns de Mercia e Northumbria.

O Mersey fórmase en Stockport pola confluencia de tres pequenos ríos: o Etherow (30 km), o Goyt e o Tame (40 km), en especial o Tame e o Goyt. Despois pasa cerca de Didsbury, Stretford, Urmston, Flixton e Irlam, onde o río se integra no canal navegábel de Mánchester, que até ese momento é a canalización do río Irwell. Desde ese lugar até Rixton (cerca de Warrington), o Mersey queda desdebuxado polo canal; en Rixton, o río Bollin desauga no canal polo sur, e o Mersey deixa o canal polo norte, describindo amplos meandros por Woolston e Warrington. En Howley Weir, en Warrington, o río xa sofre o efecto das mareas e logo ensánchase ao saír da vila, discorrendo cerca de Runcorn e Widnes, e de novo se ensancha até formar un estuario duns tres quilómetros de ancho. Finalmente estréitase un pouco entre Birkenhead e Liverpool antes de desembocar na baía de Liverpool, no mar de Irlanda.

O estuario do Mersey é accesíbel a barcos de todo tipo.