O baloncesto (do inglésbasketball; de basket, 'canastra', e ball, 'pelota'), é un deporte de equipo, xogado entre dous equipos de cinco xogadores cada un durante catro períodos de 10 minutos (FIBA ou 12 minutos NBA. O obxectivo do equipo é anotar puntos introducindo o balón pola canastra, un ano a 3,05 metros sobre a superficie da pista de xogo e do que pendura unha rede. A puntuación por cada canastra é de dous ou tres puntos dependendo da posición dende a que se efectúa o tiro, ou dun punto, se se trata dun tiro libre por unha falta dun xogador contrario. O equipo gañador é o que obtén o maior número de puntos. O contacto co balón realízase coas mans. Os xogadores non poden desprazarse suxeitando o balón, senón que o deben botar no chan.
O propietario dos Lakers na época, Jerry Buss, mercou o equipo en 1979, e dende un principio procurou o entretemento nos seus partidos. Insistiu en que os Lakers adoptasen un estilo de ritmo rápido, creou un grupo de cheerleaders para o equipo (as Laker Girls) e unha banda en vivo para os seus partidos como locais en The Forum de Inglewood.
O Showtime converteuse nun fenómeno deportivo e provocou que diversas celebridades de Hollywood se afeccionasen o equipo e fosen espectadoras asiduas dos seus encontros.
Despois dunha sobresaliente carreira na Universidade de Carolina do Norte en Chapel Hill, onde dirixiu aos Tar Heels a un Campionato Nacional en 1982, Jordan uniuse aos Chicago Bulls da NBA en 1984. Rapidamente destacou como unha das estrelas da liga, debido ás súas grandes actuacións e espectacular xogo, destacando sobre todo a súa capacidade de salto. Por mor disto recibiu os alcumes de "Air Jordan" e de "His Airness". Ademais tamén adquiriu a reputación de ser un dos mellores xogadores defensivos no baloncesto. En 1991, gañou o seu primeiro campionato cos Bulls, seguido doutros dous títulos consecutivos en 1992 e 1993. Aínda que Jordan se retirou abruptamente do baloncesto ao inicio da tempada 1993-94 para seguir a súa carreira no béisbol, regresou aos Bulls en 1995, gañando outros tres campionatos consecutivos, 1996, 1997 e 1998. Jordan retirouse por segunda vez en 1999, mais regresou para dúas tempadas máis en 2001 como membro dos Washington Wizards.
Foi elixido para o Basketball Hall of Fame o 6 de abril de 2009 e admitido o 11 de setembro de 2009 e o seu dorsal está retirado polos Chicago Bulls e Miami Heat. Fóra do mundo puramente deportivo, Jordan é tamén coñecido polos seus patrocinios publicitarios, destacando ás súas zapatillas de deporte "Air Jordan" de Nike, introducidas en 1985 e aínda moi populares hoxe en día.