Pedro de Llano Cabado

Na Galipedia, a Wikipedia en galego.
Saltar á navegación Saltar á procura
Infotaula de personaPedro de Llano Cabado
Biografía
Nacemento1947 Editar o valor en Wikidata (76/77 anos)
A Coruña, España Editar o valor en Wikidata
Datos persoais
País de nacionalidadeEspaña Editar o valor en Wikidata
EducaciónUniversidade Politécnica de Madrid Editar o valor en Wikidata
Actividade
Ocupaciónarquitecto Editar o valor en Wikidata
LinguaLingua castelá Editar o valor en Wikidata
Familia
PaiPedro de Llano López Editar o valor en Wikidata

BNE: XX963813 Dialnet: 3076919

Pedro de Llano Cabado, nado na Coruña en 1947,[1] é un arquitecto galego.

Traxectoria

[editar | editar a fonte]

É fillo do xornalista Pedro de Llano López. Licenciado en arquitectura pola Universidade de Madrid (1976). Realizou a súa tese doutoral Tipoloxías espaciais e construtivas na arquitectura popular galega na Escola Técnica Superior de Arquitectura da Coruña. Foi catedrático de Análise Arquitectónica da ETSA. Foi responsable de artes plásticas do Consello da Cultura Galega.

A finais de 2023, declarou que renunciaba ao Premio Galicia de Arquitectura, que acababa de recoller no Gaiás uns meses antes para "alertar dunha ultraxe patrimonial que se está a cometer co conxunto formado polo Castro Lupario e a aldea de Angueira de Castro".[1]

  • Ons, a arquitectura dunha comunidade desaparecida, 1981, Cuadernos do Seminario de Sargadelos 39.
  • Arquitectura popular en Galicia, 1983.
  • Alejandro de la Sota. O nacemento dunha arquitectura, 1994.
  • Arquitectura popular en Galicia. Razón e construcción, 1996.
  • Le Corbusier. Viaje al mundo de un creador a través de 25 arquitecturas, 1997.
  • Compañeros de oficio, 2013.

Recoñecementos

[editar | editar a fonte]

Vida persoal

[editar | editar a fonte]

Casou con Marga Neira López, filóloga especializada en lexicografía galega. Os seus fillos son o comisario e investigador da arte Pedro de Llano Neira e o xornalista Pablo de Llano Neira.

  1. 1,0 1,1 Redacción (30 de decembro de 2023). "Pedro de Llano renuncia ao Premio Galicia de Arquitectura para «alertar dunha ultraxe patrimonial»". lavozdegalicia.es (en castelán). Consultado o 2 de xaneiro de 2024. 
  2. "Premiados na edición 1982". premiosdacriticagalicia.gal. Consultado o 2 de xaneiro de 2024. 
  3. "Pedro de Llano". premiosdacriticagalicia.gal. Consultado o 2 de xaneiro de 2024. 
  4. "VII PREMIO C.O.A.G. DE ARQUITECTURa" (PDF). coag.es (en castelán). 30 de xullo de 1996. Consultado o 2 de xaneiro de 2024. 
  5. "Premio á Traxectoria Profesional". premiosarquitectura.xunta.ga. Consultado o 2 de xaneiro de 2024. 
  6. "Pedro de Llano premio especial de arquitectura á traxectoria profesional". etsa.udc.es. 16 de outubro de 2023. Consultado o 2 de xaneiro de 2024. 

Véxase tamén

[editar | editar a fonte]

Ligazóns externas

[editar | editar a fonte]