Oryza

Na Galipedia, a Wikipedia en galego.
Saltar á navegación Saltar á procura

Arroces (xénero Oryza)

arroz asiático
Clasificación científica
Reino: Plantae
Subreino: Tracheobionta
División: Magnoliophyta
Clase: Liliopsida
Subclase: Commelinidae
Orde: Poales
Familia: Poaceae
Subfamilia: Bambusoideae
Tribo: Oryzeae
Xénero: Oryza
L.
Especies
Véxase no texto.
Sinonimia

Oryza (os arroces) é un xénero de 7 a 20 especies de Poaceae na tribo Oryzeae, dentro da subfamilia Bambusoideae.[1] É nativa de rexións tropical e subtropicais de Asia e de África. Son pastos altos de zonas húmidas, entre 1 e 2 m de altura; con especies anuais e perennes.

Oryza atópase dentro da tribo Oryzeae, caracterizándose morfoloxicamente polas súas espículas con flores solitarias, e glumas maiormente completamente ausentes. En Oryza, hai dúas lemmas estériles simulando glumas. A tribo Oryzeae dentro da subfamilia Bambusoideae, grupo de tribos de gramíneas Poaceae con certas características de anatomía interna foliar en común; onde o máis distintivo do carácter foliar desta subfamilia son as súas células en póla e as fusoides. As Bambusoideae na familia Poaceae, teñen sistemas radiculares fibrosos, de talos cilíndricos, con láminas envaiñadas en paralelo, e inflorescencias con espículas.[2]

Mentres a listaxe da USDA (Departamento de Agricultura dos Estados Unidos) só pon sete especies, outros teñen identificado máis de 17: sativa, barthii, glaberrima, meridionalis, nivara, rufipogon, punctata, latifolia, alta, grandiglumis, eichingeri, officinalis, rhisomatis, minuta, australiensis, granulata, meyeriana, brachyantha. Unha especie, o arroz común (O. sativa), fornece o 20 % de gran de cereais do mundo, sendo a cultura de colleita de maior importancia mundial. As especies mencionadas enriba divídense en dous subgrupos dentro do xénero.

Algunhas especies
  1. 1,0 1,1 (en inglés) Watson L, Dallwitz MJ. (2008). "The grass genera of the world: descriptions, illustrations, identification, and information retrieval; including synonyms, morphology, anatomy, physiology, phytochemistry, cytology, classification, pathogens, world and local distribution, and references". The Grass Genera of the World. Consultado o 10 de marzo de 2010. 
  2. Heywood, V.H. Flowering Plants of the World 1993 Oxford University Press

Véxase tamén

[editar | editar a fonte]

Ligazóns externas

[editar | editar a fonte]