Horacio Altuna
(2006) | |
Biografía | |
---|---|
Nacemento | 24 de novembro de 1941 (82 anos) Córdoba, Arxentina |
Actividade | |
Ocupación | artista de banda deseñada, pintor |
Empregador | Josep Toutain (en) D. C. Thomson & Co. (en) Fleetway Publications (en) Charlton Comics (pt) Diario Clarín |
Obra | |
Obras destacables
| |
Premios | |
| |
Horacio Altuna, nado en Córdoba o 24 de novembro de 1941, é un autor de banda deseñada arxentino. Famoso polas súas espectaculares personaxes femininas, pero tamén pola gran profundidade da súa obra, Altuna é un dos máis importantes autores de historietas do mundo.
Traxectoria
[editar | editar a fonte]De moi pequeno comezou a apaixonarse polo debuxo, foi alumno de Gianni Dalfiume, quen o alentou a incursionarse seriamente na banda deseñada. En 1965 publicou a súa primeira banda deseñada, Súper Volador.
En 1967 ingresa na Editorial Columba, na que ilustra guións de artistas como Héctor G. Oesterheld e Robin Wood.
En 1975 comeza a publicar El loco Chávez, con guións de Carlos Trillo, no xornal Clarín. Esta historieta que se publica diariamente farao famoso. Chávez, o protagonista, é un xornalista que a través das súas aventuras narra o día a día da realidade arxentina. Comezan a aparecer as mulleres de Altuna, que tamén se farán famosas. Por este traballo recibiu o premio Asociación de Debuxantes da Arxentina (1978) e o premio á mellor tira diaria arxentina na Cuarta Bienal do Humor e a Historieta de Córdoba (1979).
Colabora tamén coas editoriais Record e a revista Humor.
Entre 1973 e 1976 realiza traballos para revistas de Escocia e Inglaterra. Foi secretario de cultura da ADA (Asociación de Debuxantes da Arxentina) desde 1974 ata 1977.
En 1982 radícase en España, onde un ano despois publicará Ficcionario, primeira historieta que o conta como guionista e ilustrador, e que lle vale o seu primeiro premio como guionista.
En 1986 realiza Chances, novamente como autor integral. Por esta historieta recibe o premio "Yellow Kid" maior distinción no ambiente da historieta, ao mellor autor internacional. Nesta obra futurista de forte contido social, o protagonista é un mozo clon creado co obxectivo de sustuir os órganos dos seus xeradores, que se rebela e foxe cara ás zonas marxinais.
Realiza unha serie de historietas eróticas para a revista Playboy que na Arxentina publica a revista SexHumor. En Playboy publica, ademais, a novela ilustrada Gato.
En 1994 regresa ás páxinas de Clarín onde publica El Nene Montanaro. A 2007 publica unha tira no Periódico de Catalunya, Familia Tipo, e é o Presidente da Asociación Profesional de Ilustradores de Cataluña.
Obra
[editar | editar a fonte]- A tira diaria "El loco Chávez" (1975), co guionista Carlos Trillo.
- "Las puertitas del Sr. López", co guionista Carlos Trillo.
- "Charlie Moon", co guionista Carlos Trillo.
- "Merdichesky", co guionista Carlos Trillo.
- "El último recreo", co guionista Carlos Trillo.
- "Tragaperras", co guionista Carlos Trillo.
- "Ficcionario" (1983)
- "Chances" (1985)
- "Imaginario" (1987-88)
- "Time/Out" (1986).
- Multitude de historietas curtas para Playboy (1989-)
- "Hot L.A." (1992, 2000)
- "El Nene Montanaro" (con guión propio, publicado diariamente na contratapa do diario arxentino Clarín entre os anos 1994 e 2002)
- "Es lo que hay" (2010-)
- "Cuadernos Secretos" (2011),
Ligazóns externas
[editar | editar a fonte]- Horacio Altuna biography Arquivado 03 de xullo de 2018 en Wayback Machine. on Lambiek Comiclopedia
- Gallery of Altuna's Erotic Comic Strips Arquivado 12 de xullo de 2011 en Wayback Machine.