Historia de Acerbaixán
|
A historia de Acerbaixán vén de antes do século VII, cando neste século os pobos árabes islamizaran as tribos locais.
Nos séculos XVI e XVII, a rexión era disputada entre o Imperio Persa e o Imperio Turco-Otománo.
Imperio Ruso
[editar | editar a fonte]Pertencente a Irán (por entón Persia), Acerbaixán foi ocupado polo Imperio Ruso no século XVIII, estando dividido o territorio ata entón en tres provincias: Arran, Shirvan e Nakhchivan.
A administración rusa comezou a fins do século XIX a explotación dos campos petrolíferos de Bakú. Tras a revolución do 1917, toda a Transcaucasia acadou a independencia, mais rematada a guerra civil foi reincorporada á nova URSS, co status de República.
Comunismo
[editar | editar a fonte]O Acerbaixán, é invadido polos rusos no ano 1920, posteriormente está integrado á Unión Soviética como república soviética en 1936.
Na década de 1980, a rexión de Nagorno-Karabakh, comeza a ser cuestionada polo Acerbaixán ao goberno soviético, xa que o territorio que está na veciña Armenia, componse dunha maioría musulmáns (relixión de Acerbaixán) e 78% armenios. Isto xera protestas do pobo azarí.
Independencia e guerra contra a Armenia
[editar | editar a fonte]En 1990, realízanse as primeiras eleccións municipais azarís. A vitoria é dos comunistas. Acerbaixán acadou definitivamente a independencia no 1991. En 1991, Ayaz Mütallibov se fai o primeiro presidente do país.
As derrotas de Acerbaixán contra a Armenia tiran Mütallibov do poder, en 1993, Abulfaz Elchibey se fai presidente, pero renuncia o mesmo ano.
Un alto o fogo é obtido en 1994.
Véxase tamén
[editar | editar a fonte]Outros artigos
[editar | editar a fonte]- República Democrática de Acerbaixán
- República Socialista Soviética de Acerbaixán
- República Socialista Soviética Federativa Transcaucásica
- Masacre de Khojali
- Xaneiro Negro
Ligazóns externas
[editar | editar a fonte]- Summary of Azerbaijan History. Por Reshid Güneyli. (en inglés)