Hakainde Hichilema

Na Galipedia, a Wikipedia en galego.
Saltar á navegación Saltar á procura
Infotaula de personaHakainde Hichilema

(2022) Editar o valor en Wikidata
Biografía
Nacemento4 de xuño de 1962 Editar o valor en Wikidata (62 anos)
Monze District (Rodesia do Norte) Editar o valor en Wikidata
Presidente de Zambia
24 de agosto de 2021 –
← Edgar Lungu Editar o valor en Wikidata
Datos persoais
País de nacionalidadeZambia Editar o valor en Wikidata
RelixiónIgrexa Adventista do Sétimo Día Editar o valor en Wikidata
EducaciónUniversidade da Zâmbia (pt) Traducir
Universidade de Birmingham (pt) Traducir Editar o valor en Wikidata
Actividade
Ocupacióneconomista , político Editar o valor en Wikidata
Partido políticoPartido Unido para o Desenvolvimento Nacional (pt) Traducir Editar o valor en Wikidata
LinguaLingua inglesa Editar o valor en Wikidata
Participou en
16 de xaneiro de 2023Encontro Anual do Foro Económico Mundial de 2023 Editar o valor en Wikidata
Familia
CónxuxeMutinta Hichilema
Cronoloxía
5 de novembro de 2017Paradise Papers Editar o valor en Wikidata

Facebook: hakainde.hichilema Twitter: HHichilema Editar o valor en Wikidata

Hakainde Hichilema, nado en Monze o 4 de xuño de 1962, é un político e economista zambiano que desde o 24 de agosto do 2021 exerce como presidente de Zambia.

Primeiros anos

[editar | editar a fonte]

Naceu na aldea de Hachipona, Monze, na área hamusonde. Recibiu unha bolsa para estudar na Universidade de Zambia e graduose en 1986 cunha licenciatura en Economía e Administración de Empresas. Logo realizou un MBA en Finanzas e Estratexia Empresarial na Universidade de Birmingham no Reino Unido.

Actividades profesionais

[editar | editar a fonte]

En 1986 dedicouse á economía como axudante consultor de Servizos de Asesorías Ecuador. Ese mesmo ano tamén foi asesor económico de Coopers & Lubrand. Director de Asesoría Corporativa (1989) e CEO de Coopers & Lubrand (1994-1998), cambiándolle o nome da empresa por Grant Thornton.

Carreira política

[editar | editar a fonte]

Participou na fundación do Partido Unido para o Desenvolvemento Nacional en 1998. En 2006 faleceu o líder do partido, Anderson Mazoka, a quen lle correspondeu substituír na presidencia do partido e ser candidato presidencial en 2006.

Nas eleccións xerais de 2006, Hichilema logrou o terceiro lugar cun 25,3% dos sufraxios, mentres que nas eleccións seguintes do 2008 repetiu a mesma posición, pero co 19,70% dos votos.

En xuño de 2009, Hichilema asinou un pacto coa Fronte Patriótica de Michael Sata, para disputar as eleccións de 2011 xuntos. Con todo, a indecisión sobre o candidato do pacto, a profunda desconfianza e acusacións de tribalismo de ambos os lados traduciuse no colapso do pacto en marzo de 2011.[1]. No comicios de 2011 obtivo o 18,17% dos votos.

Presidencia

[editar | editar a fonte]

Hichilema presentouse á presidencia por sexta vez nas eleccións celebradas o 12 de agosto de 2021. O presidente da comisión electoral, Esau Chulu, declarou que gañara as eleccións na madrugada do 16 de agosto.

Logo da súa vitoria, Hichilema declarou o seu desexo de nomear a zambianos cualificados na súa administración. Entre os seus nomeamentos estaban os de Sylvia Masebo, Situmbeko Musokotwane, Anthony Bwalya, Jito Kayumba e Garry Nkombo entre outros.

Vida persoal

[editar | editar a fonte]

Está casado con Mutinta Hichilema coa que ten 3 fillos.

Véxase tamén

[editar | editar a fonte]

Ligazóns externas

[editar | editar a fonte]