Giuseppe Pasotto
Biografía | |
---|---|
Nacemento | 6 de xullo de 1954 (70 anos) Bovolone, Italia |
Bispo titular | |
9 de novembro de 1999 – Diocese: Musti (en) | |
Administrador apostólico | |
29 de novembro de 1996 – ← Jean-Paul Gobel (pt) | |
Datos persoais | |
Relixión | Igrexa católica e Igrexa católica latina |
Actividade | |
Ocupación | bispo católico (2000–), sacerdote católico (1979–) |
Orde relixiosa | Congregación dos Sagrados Estigmas |
Consagración | 6 de xaneiro de 2000, Xoán Paulo II, papa |
Giuseppe Pasotto, nado en Bovolone (Italia) o 6 de xullo de 1954,[1] é un relixioso estigmatino italiano, dende 1996 administrador apostólico do Cáucaso.
Traxectoria
[editar | editar a fonte]Aínda mozo entrou no seminario dos estigmatinos e foi ordenado sacerdote o 12 de maio de 1979 polo cardeal Lucas Moreira Neves.[1]
En 1993 marchou a Xeorxia, logo dunha petición á súa congregación pola Santa Sé para estabelecer unha presenza católica de rito latino no país (posible pola disolución da URSS).
En 1996 foi nomeado administrador apostólico do Cáucaso, exercendo a función de bispo para os católicos latinos de Xeorxia, Armenia e Acerbaixán.[1] O 8 de novembro de 1999 acolleu ao papa Xoán Paulo II en visita oficial a Xeorxia e ao encontro co presidente Eduard Shevardnadze.
Foi nomeado bispo titular Musti por Xoán Paulo II, recibido a consagración episcopal de mans do mesmo papa o 6 de xaneiro de 2000, na basílica de San Pedro.[1] O 11 de outubro do mesmo ano a administración apostólica deixou de ter xurisdición sobre Acerbaixán, pasando este país a constituír unha misión sui iuris. En 2005, Giuseppe Pasotto organizou o primeiro sínodo diocesano da administración. O 30 de setembro de 2016 acolleu ao papa Francisco en visita oficial a Xeorxia e ao presidente Giorgi Margvelashvili.[2]
Premios e distincións
[editar | editar a fonte]En decembro de 2015 foi nomeado cidadán honorario do concello de Bovolone.[3]
Notas
[editar | editar a fonte]- ↑ 1,0 1,1 1,2 1,3 Annuario Pontificio per l'anno 2009. p. 955.
- ↑ "Papa in Georgia, l’ha accolto il vescovo Pasotto". L'Arena (en italiano). 4 de outubro de 2016. Arquivado dende o orixinal o 27 de novembro de 2018. Consultado o 26 de novembro de 2018.
- ↑ Massagrande, Roberto (9 de decembro de 2015). "Cittadinanza onoraria a monsignor Pasotto". L'Arena (en italiano). Arquivado dende o orixinal o 27 de novembro de 2018. Consultado o 26 de novembro de 2018.
Dignidades da Igrexa católica | ||
---|---|---|
Predecesor: Jean-Paul Aimé Gobel |
Administrador apostólico do Cáucaso dende 1996 |
Sucesor: (no cargo) |