Fife, Escocia

Na Galipedia, a Wikipedia en galego.
Saltar á navegación Saltar á procura
Modelo:Xeografía políticaFife, Escocia
Imaxe

Localización
Editar o valor en Wikidata Mapa
 56°15′N 3°12′O / 56.25, -3.2Coordenadas: 56°15′N 3°12′O / 56.25, -3.2
EstadoReino Unido
PaísEscocia Editar o valor en Wikidata
CapitalGlenrothes (pt) Traducir Editar o valor en Wikidata
Poboación
Poboación373.550 (2019) Editar o valor en Wikidata (281,92 hab./km²)
Xeografía
Parte de
Superficie1.325,025 km² Editar o valor en Wikidata
ISO 3166-2GB-FIF Editar o valor en Wikidata
Outro
Irmandado con

Páxina webfife.gov.uk Editar o valor en Wikidata

Fife (en gaélico escocés: Fìobha) é un concello de Escocia (Reino Unido).[1][2]

Xeografía

[editar | editar a fonte]

Está situado entre o fiorde de Tay e o de Forth, e limita cos concellos de Perth and Kinross e Clackmannanshire.

É o terceiro concello unitario de Escocia máis poboado, concentrándose a terceira parte da poboación en tres cidades, Kirkcaldy, Dunfermline e Glenrothes, sendo esta última a capital administrativa.

Historicamente foi un dos reinos pictos da zona central de Escocia, coñecido como Fib. Por esta razón Fife é coñecido comunmente como "Reino de Fife".

Até 1975 foi un dos condados históricos en que estaba dividida Escocia, nalgunhas ocasións chamado Fifeshire.

Desde 1975 até 1996 formou unha das rexiónes de Escocia, que estaba dividida en tres distritos: Dunfermline, Kirkcaldy e North-East Fife.

En 1996 foi creado o concello de Fife mantendo as mesmas fronteiras.

O lugar máis coñecido de Fife é St Andrews, enclave histórico de importancia cun castelo e unha catedral medievais, hoxe en ruínas, un histórico campo de golf (o Old Course of St Andrews) e unha das Universidades máis importantes do Reino Unido.

O circuíto de Knockhill tamén se encontra na rexión de Fife.

  1. Office for National Statistics (2009). "United Kingdom: Counties and Unitary Authorities" (PDF) (en inglés). Consultado o 20 de outobro de 2020. 
  2. Office for National Statistics. "Counties, Non-metropolitan Districts and Unitary Authorities" (en inglés). Consultado o 28 de outubro de 2020.