Aeroporto de Nuuk
Aeroporto de Nuuk Mittarfik Nuuk
Godthåb Lufthavn | |||
---|---|---|---|
Sumario | |||
Operador | Mittarfeqarfiit | ||
Cidade/Illa | Nuuk | ||
Elevación (msnm) | 86 metros / 283 pés | ||
Coordenadas | |||
Web | |||
Pista(s) | |||
Dirección | Longo | Superficie | |
metros | pés | ||
05/23 | 950 | 3 117 | asfalto |
Estatísticas (2012) | |||
Pasaxeiros | 69 324 |
O aeroporto de Nuuk (IATA: GOH, OACI: BGGH) é un aeroporto que serve a Nuuk, a capital de Groenlandia. Serve como base técnica e cidade focal para Air Greenland, a aeroliña nacional do país, unindo a capital con varias cidades do oeste e suroeste de Groenlandia, incluído o centro de conexións da aeroliña no aeroporto de Kangerlussuaq. Con voos cara a Islandia, o aeroporto de Nuuk é tamén un dos seis aeroportos internacionais do país, pero Reiquiavik é o seu único destino internacional.
A comezos dos anos 60 hidroavións da creada recentemente Air Greenland aterraron no porto de Nuuk. En 1965 a aeroliña investiu nunha frota máis robusta baseada no grande helicóptero Sikorsky S-61, que serviu a cidade durante as seguintes catro décadas, incluso despois da construción dun aeroporto con capacidade para operar os avións STOL de Havilland Canada Dash 7 que dominan o aeroporto dende os anos 70.
O aeroporto construíuse para servir a cidade máis grande de Groenlandia, aínda que debido a problemas de espazo nunha localización montañosa e a problemas meteorolóxicos non é capaz de proporcionar servizo a grandes avións de pasaxeiros ou de longo alcance. Unha grande ampliación non é unha opción aceptable debido á proximidade coa área urbanizada dos distritos periféricos de Nuuk, aínda que o tema continúa a ser obxecto dun debate interno no país.
Aeroliñas e destinos
[editar | editar a fonte]Aeroliñas | Destinos
|
---|---|
Air Greenland | Aasiaat, Ilulissat, Kangerlussuaq, Kulusuk, Maniitsoq, Narsarsuaq, Nerlerit Inaat, Paamiut, Qaanaaq, Sisimiut Estacional: Reiquiavik-Keflavík |
Air Iceland Connect | Reiquiavik |
Air Nunavut | Chárter: Aeroporto de Iqaluit[1] |
Notas
[editar | editar a fonte]- ↑ Air Nunavut (ed.). "Where we fly". Consultado o 7 de febreiro de 2018.