Accursio
Saltar á navegación
Saltar á procura
Accursio ou Accorso di Bagnolo; nado en Impruneta ca. 1182 e finado en Boloña o 1263, foi un xurista italiano. É notábel pola súa organización das glosas, comentarios medievais sobre as codificacións do dereito de Xustiniano, o Corpus Iuris Civilis.
Recompilou preto de 100 000 glosas, o texto completo do Corpus iuris civilis, chamada a Glosa ordinaria ou magistralis ou Magna glosa, fundamento do dereito europeo.
Foi pai do tamén xurista Francesco d'Accorso, quen ademais é personaxe da Divina Comedia de Dante.