Potala
Coordenadas: 29°39′28″N 91°07′01″L / 29.657777777778, 91.116944444444
Palacio de Potala | |
---|---|
Palacio de Potala | |
Patrimonio da Humanidade - UNESCO | |
País | China |
Tipo | Cultural |
Criterios | I, Iv, VI |
Inscrición | 1994 (18ª sesión) |
Rexión da UNESCO | Asia e o Pacífico |
Identificador | 707 |
O Palacio de Potala é a máxima expresión da arquitectura tibetana e residencia dos Dalai Lama desde que Lozang Gyatso o fundara no século VII (ano 631) en Lhasa, a capital do Tíbet, actualmente ocupado pola China, país que o converteu en museo tras derribar os edificios administrativos que se encontraban no seu basamento co fin de instalar no seu lugar unha praza que recorda a de Tian'anmen en Pequín.
O monumento, clasificado Patrimonio da Humanidade pola UNESCO desde 1994, sitúase sobre a montaña chamada Hongshan, a unha altura de 3.700 metros sobre o nivel do mar. Abrangue unha área de 410.000 metros cadrados e ten unha superficie edificada de 130.000 metros cadrados.
Véxase tamén
[editar | editar a fonte]Ligazóns externas
[editar | editar a fonte]Wikimedia Commons ten máis contidos multimedia na categoría: Palacio de Potala |