Palacio de Mukden
Palacios Imperiais das Dinastías Ming e Qing en Pequín e Shenyang | |
---|---|
Galería Chongzheng, o edificio principal do Palacio de Mukden | |
Patrimonio da Humanidade - UNESCO | |
País | China |
Localización | 41°47′46″N 123°27′03″L / 41.796161, 123.450708 |
Tipo | Cultural |
Criterios | I, II, III, IV |
Inscrición | 1987 (11ª sesión, extensión en 2004) |
Rexión da UNESCO | Asia e o Pacífico |
Identificador | 439 |
O Palacio de Mukden (en chinés simplificado: 盛京宫殿; en chinés tradicional: 盛京宮殿; en pinyin: Shěngjīng Gōngdiàn) ou Shenyang Gugong (en chinés simplificado: 沈阳故宫; en chinés tradicional: 瀋陽故宮; en pinyin: Shěnyáng Gùgōng), tamén coñecido como Palacio Imperial de Shenyang. É o antigo Palacio Imperial da Dinastía Qing (1616-1910) da China. Atópase no centro da cidade de Shenyang, antiga Mukden, na rexión de Manchuria.
No ano 2004, o palacio foi declarado Patrimonio da Humanidade pola UNESCO, como extensión dos Palacios Imperiais das Dinastías Ming e Qing en Pequín e Shenyang.
Historia
[editar | editar a fonte]A construción do palacio iniciouse en 1625, durante o reinado do fundador da Dinastía Qing, Nurhaci. No ano 1631 fóronse construíndo outros edificios por orde do Emperador Huang-Taiji. Os tres primeiros emperadores Quing viviron alí entre 1625 e 1644.
O Palacio de Mukden foi proxectado para asemellarse ás tendas do pobo manchú (大帐), á vez que a ampliación tiña a ambición de copiar a Cidade Prohibida de Pequín. No palacio son evidentes algúns elementos dos estilos arquitectónicos propios das poboacións de Manchuria e o Tíbet.
No ano 1644, cando a Dinastía Qing substituíu a Dinastía Ming en Pequín, o palacio perdeu o seu estatuto de residencia oficial, converténdose nun simple palacio rexional.
No ano 1780, o Emperador Qianlong mandou construír novos edificios, ampliando así o palacio.
Museo
[editar | editar a fonte]No ano 1955, o Palacio de Mukden foi convertido nun museo co nome de Museo Palacio de Shenyang.
Galería de Imaxes do Palacio de Mukden
[editar | editar a fonte]-
崇政殿内景
Trono na Galería Chongzheng -
崇政殿侧立面
Galería Chongzheng, visto de leste para oeste -
崇政殿前平台
plataforma en fronte da Galería Chongzheng -
崇政殿北面
Traseiras da Galería Chongzheng -
武功坊
Entrada do Palacio de Mukden -
武功坊细部
Detalle do portón de entrada -
西路入口
Entradas aos patios oeste do Palacio de Mukden -
太庙之门
Portón de acceso ao santuario imperial -
大清门前石狮
León de pedra en fronte do portón principal, diferente dos leóns de pedra branca chineses -
文溯阁
Biblioteca do Palacio de Mukden -
文溯阁内部
Interior da biblioteca -
凤凰楼
Torre do Fénix, entrada do cuarto residencial -
清宁宫
Palacio Qingning, habitación do emperador e da emperatriz -
索伦竿,饲养鸟雀用
Poste para alimentar os corvos, aves sagradas na cultura manchú -
凤凰楼背面
Torre do Fénix vista do Palacio Qingning -
博物院藏品
Peza en laca do período Qianlong (mediados do século XVIII)
Véxase tamén
[editar | editar a fonte]Wikimedia Commons ten máis contidos multimedia na categoría: Palacio de Mukden |