Xacobe Francisco Eduardo Estuardo

Na Galipedia, a Wikipedia en galego.
Saltar á navegación Saltar á procura
A versión para imprimir xa non se actualiza e pode conter erros de renderizado. Actualice os marcadores do seu navegador e empregue mellor a función de impresión propia do navegador.
Infotaula de personaXacobe Francisco Eduardo Estuardo

Editar o valor en Wikidata
Nome orixinal(en) James Francis Edward Stuart Editar o valor en Wikidata
Biografía
Nacemento10 de xuño de 1688 Editar o valor en Wikidata
Palácio de St. James (pt) Traducir Editar o valor en Wikidata
Morte1 de xaneiro de 1766 Editar o valor en Wikidata (77 anos)
Roma Editar o valor en Wikidata
Lugar de sepulturaGrutas vaticanas Editar o valor en Wikidata
Pretendente xacobita
16 de setembro de 1701 – 1 de xaneiro de 1766 Editar o valor en Wikidata
Datos persoais
País de nacionalidadeReino de Gran Bretaña
Reino de Inglaterra Editar o valor en Wikidata
Ideoloxía políticaXacobitismo Editar o valor en Wikidata
Actividade
Ocupaciónpretendente Editar o valor en Wikidata
LinguaLingua inglesa Editar o valor en Wikidata
Outro
TítuloPríncipe
Barão de Renfrew (pt) Traducir
Lorde das Ilhas (pt) Traducir
Príncipe de Gales
Conde de Carrick
Ducado de Cornualla
Duque de Rothesay (pt) Traducir
Príncipe da Escócia (pt) Traducir
Conde de Chester (pt) Traducir Editar o valor en Wikidata
FamiliaCasa de Estuardo Editar o valor en Wikidata
CónxuxePríncesa de Gales, María Clementina (1719–)
FillosBonnie Prince Charlie, Henrique Bieito Estuardo Editar o valor en Wikidata
PaisXacobe II de Inglaterra Editar o valor en Wikidata  e Maria de Módena (pt) Traducir Editar o valor en Wikidata
IrmánsIsabel Stuart (pt) Traducir, Ana de Gran Bretaña, María II de Inglaterra, Henrietta FitzJames (pt) Traducir, Luísa Maria Stuart (pt) Traducir, James Fitzjames, Duque de Berwick (pt) Traducir, Henry FitzJames (pt) Traducir, Prince James, Duke of Cambridge (en) Traducir, Charles Stuart, Duke of Cambridge (en) Traducir, Charles Stuart, Duke of Cambridge (en) Traducir, Edgar, Duque de Cambridge (pt) Traducir e Charles Stuart, Duke of Kendal (en) Traducir Editar o valor en Wikidata
Sinatura
Editar o valor en Wikidata

Editar o valor en Wikidata

BNE: XX1798862 WikiTree: Stuart-31 Find a Grave: 8906 Editar o valor en Wikidata

Xacobe Francisco Eduardo Estuardo, orixinalmente James Francis Edward Stuart, nado o 10 de xuño de 1688 e finado o 1 de xaneiro de 1766,[1] alcumado "o vello pretendente" polos whigs e "o rei sobre a auga" polos xacobitas, era fillo do rei Xacobe II de Inglaterra, Escocia e Irlanda, e a súa segunda esposa, María de Módena. Foi Príncipe de Gales desde xullo de 1688 ata que, poucos meses despois do seu nacemento, o seu pai católico foi deposto e exiliado na Revolución Gloriosa de 1688. A filla maior protestante de Xacobe II (a media irmá do príncipe) María II e o seu marido (o curmán do príncipe) Guillerme III convertéronse en co-monarcas. A Declaración de Dereitos de 1689 e a Lei de Instauración de 1701 excluíron aos católicos como Xacobe do trono inglés.

Xacobe creceu na Europa continental e foi coñecido como o Cabaleiro de San Xurxo. Despois da morte do seu pai en 1701, reclamou as coroas inglesa, escocesa e irlandesa como Xacobe III de Inglaterra e Irlanda e Xacobe VIII de Escocia, co apoio dos seus seguidores xacobitas e Lois XIV de Francia, curmán do seu pai. Catorce anos despois, intentou sen éxito gañar os tronos británico e irlandés durante o levantamento xacobita de 1715. Un último intento de restauración, o levantamento xacobita de 1745, foi dirixido polo seu fillo maior Carlos Eduardo Estuardo (o mozo pretendente).

Despois da morte de Xacobe en 1766, Carlos continuou reclamando as coroas británica e irlandesa como parte da sucesión xacobita.

Notas

  1. Bevan, Bryan (1967). King James the Third of England: A Study of Kingship in Exile. Hale.