Lingua yurí

Na Galipedia, a Wikipedia en galego.
Revisión feita o 23 de abril de 2021 ás 08:33 por Breogan2008 (conversa | contribucións)
Saltar á navegación Saltar á procura
Yurí
Xurúpixuna
Falado en: O Brasil e Colombia
Rexións: Río Caquetá
Extinción: século XIX-XX
Familia: Ticuna-yurí
 Yurí
Códigos de lingua
ISO 639-1: --
ISO 639-2: ---
Mapa
Status

A lingua yurí (ou jurí) foi unha lingua indíxena falada outrora na rexión do río Caquetá, no Amazonas brasilieiro, estendéndose lixeiramente a Colombia. Foi falado no río Puré, en Colombia, e nos ríos Içá e Japurá, no Brasil.[1]

Unha pequena cantidade de datos sobre a lingua foi recolectada en dúas ocasións no século XIX, en 1853 e 1867. Kaufman (1994:62, por Nimuendajú 1977:62) declara que hai boas evidencias léxicas que apian a conexión coa lingua ticuna e a familia ticuna–yurí, aínda que os datos non foron comparados explicitamente (Hammarström 2010).

Crese que o pobo yurí e a súa lingua sobreviven entre os pobos non contactados da rexión do río Puré, no Parque Nacional Natural Río Puré. Ademais, "yurí" é empregado a miúdo como sinónimo do único pobo nomeado da área, os carabayo. Unha lista de palabras recollidas en 1969 dos carabayo, recuperadas en 2013, suxire que a lingua esta estreitamente relacionada co yurí, aínda que quizais non sexa un descendente directo.

Notas

  1. Loukotka, Čestmír (1968). Classification of South American Indian languages. Os Ánxeles: UCLA Latin American Center.