Revisión feita o 31 de agosto de 2018 ás 10:46 por InternetArchiveBot(conversa | contribucións)(Recuperando 2 fontes e etiquetando 0 como mortas. #IABot (v2.0beta8))
A Union Sportive des Anciens du Mont Duplan Nîmes, máis coñecido como USAM Nîmes, é un equipo de balonmán da localidade de Nîmes, Francia. Actualmente compite no Championnat de France, a máxima categoría do balonmán galo e que gañou en catro ocasións. Foi fundado en 1960 e tivo a súa época dourada na segunda metade da década dos '80 e a primeira metade da dos '90, cando gañou varios títulos nacionais.