Tortilla de patacas

Na Galipedia, a Wikipedia en galego.
Revisión feita o 1 de setembro de 2012 ás 12:53 por Robbot (conversa | contribucións) (r2.7.2) (Bot: Engado: it:Tortilla de patatas)
Saltar á navegación Saltar á procura
Tortilla de pataca

A tortilla de patacas tamén coñecida como tortilla española é un prato cociñado, composto basicamente por ovo e pataca, e que adoita levar cebola e sal. Este prato pode combinar con carne, chourizo ou distintos vexetais. Ten un aspecto plano e circular, porque se fai na tixola.

As patacas frítense en aceite ata que están practicamente feitas, e logo mestúranse co ovo batido. A masa resultante bótase de novo na tixola e frítese, máis ou menos dependendo do gusto de cada quen.

A tortilla francesa é aquela que non emprega pataca, e limítase a fritir o ovo batido.

Galería de imaxes


Este artigo tan só é un bosquexo
 Este artigo sobre gastronomía é, polo de agora, só un bosquexo. Traballa nel para axudar a contribuír a que a Galipedia mellore e medre.
 Existen igualmente outros artigos relacionados con este tema nos que tamén podes contribuír.