Klaus Nomi

Na Galipedia, a Wikipedia en galego.
Revisión feita o 24 de xuño de 2012 ás 22:00 por Xoacas (conversa | contribucións) (Novo, a partir de lig. ext.)
(dif) ← Revisión máis antiga | Revisión actual (dif) | Revisión máis nova → (dif)
Saltar á navegación Saltar á procura

Modelo:Artista musical

Klaus Sperber, coñecido como Klaus Nomi, nado en Immenstadt, Alemaña, en 1944, foi un cantante alemán de ópera e música pop.

Traxectoria

A principio da década de 1970 trasladouse a Nova York, onde comezou a relacionarse con artistas do East Village neoiorquino. David Bowie descubriuno en 1978 e axudouno a asinar un contrato ca RCA Records en 1980.

Morreu á idade de 39 anos, víctima do sida.

Nomi combinaba ópera e música new wave. As súas montaxes escénicas eran moi elaboradas e nelas prestábase especial atención ó vestiario, ó penteado e á maquillaxe, que remitían á estética das primeira películas de ciencia ficción.

Véxase tamén

Ligazóns externas