Compresa

Na Galipedia, a Wikipedia en galego.
Revisión feita o 9 de abril de 2010 ás 21:30 por Luckas-bot (conversa | contribucións) (bot Engadido: ca:Compresa)
Saltar á navegación Saltar á procura
Compresas sen e con ás

Unha compresa ou toalla sanitaria é un absorbente usado pola muller durante o seu período menstrual, en casos de sangrado post-parto ou en calquera outra situación durante a cal sexa necesario absorber o fluído de sangue vaxinal. Estas almofadas non deben ser confundidas cos parches ou cueiros para a incontinencia, os cales son usados por homes ou mulleres invariabelmente coa finalidade de reter o fluxo urinario. Non obstante, aínda cando poidan gardar certa similitude e menor absorbencia que estes, algunhas persoas tamén usan as compresas para este propósito.